Concepcións da Realidade: Un Análise Filosófico

Concepcións da Realidade

Sentido restrictivo: a realidade é todo aquilo que nos rodea e do que podemos ter experiencia; ben porque se trate de seres observables polos sentidos ou ben obsérvanse grazas a instrumentos como microscopios ou telescopios, ou porque podamos constatar a súa existencia. Esta concepción da realidade coincide coa concepción científica da realidade física ou material.

Sentido amplo: considérase que non só teñen existencia os seres materiais e observables da ciencia, senón tamén realidades subxectivas como os sentimentos, personaxes literarios ou mitolóxicos, a mente, Deus, a xustiza… Neste último sentido, hai unha rama da filosofía que asume o reto de estudar e comprender a realidade na súa totalidade. Analizando as concepcións e seguindo o sentido amplo, podemos confirmar que Batman e Spiderman son reais.

Metafísica

O termo provén do grego. Na súa orixe, foi o título dado por Andrónico de Rodas a un conxunto de libros de Aristóteles cuxo tema lle pareceu análogo ao dos libros de física. Históricamente, a metafísica é o tema do que tratan os libros de Aristóteles postos por Andrónico despois dos físicos. A tradición interpretou o feiro de ir despois “meta” da física, no sentido dun saber que vai máis alá da física, ou do coñecemento da natureza, en busca de principios e conceptos que poidan explicar o mundo físico. O contido fundamental destes libros caracterízase como filosofía primeira e como ciencia do ser.

Filosofía Primeira

A filosofía primeira é a ciencia teórica que trata das substancias inmutables, é dicir, non cambiantes, e é unha das maneiras de caracterizar a metafísica segundo Aristóteles. A metafísica é a filosofía primeira porque trata dos conceptos e principios fundamentais cos que concebimos a realidade.

Principios da Realidade

  • Principio de identidade: todo ente é idéntico a si mesmo (A=A).
  • Principio de non contradicción: non pode ser verdadeira unha proposición que afirme algo e o seu contrario ao mesmo tempo.
  • Principio do tercio excluso: só se pode afirmar algo ou ben que é, ou ben que non é.
  • Principio de razón suficiente: todo o que é ten unha razón pola que é así e non de outra maneira.

Debate Filosófico

Filósofos esencialistas cren que as esencias teñen unha realidade obxectiva separada da existencia, defendendo a prioridade da esencia ante a existencia. Por outra banda, os filósofos existencialistas cren que o ser humano non ten unha esencia fixa nin definida, defendendo que a existencia é anterior á esencia.

Exame

A esencia é a auténtica realidade que só se pode captar mediante a razón, fronte aos sentidos, que só nos aportan aparencias. A esencia fai referencia ás características que unha cousa ten por si mesma, e que fai que sexa o que é e non algo diferente. A esencia contraponse á existencia. Algúns esencialistas cren que as esencias teñen unha realidade obxectiva separada da existencia, mentres que algúns existencialistas cren que o ser humano non ten unha esencia fixa nin definida.

Monismo e Pluralismo

O monismo é a afirmación de que a realidade é única. Aínda que ao noso redor vexamos unha gran diversidade de seres, sabemos que só existe unha realidade. O pluralismo defende a idea de que a realidade é múltiple; para os filósofos que apoian esta idea, o real está formado por varios principios elementais distintos que se combinan entre si.

Idealismo e Materialismo

O idealismo defende que a realidade é fundamentalmente de carácter espiritual e está formada por ideas. O problema desta corrente é aclarar como accedemos a un coñecemento seguro e riguroso de esas esencias e realidades inmateriales, e como se relacionan co material. Por outra banda, o materialismo defende que a realidade é fundamentalmente de carácter material, considerando que o ser é materia. O problema do materialismo é que non conseguiu explicar de maneira definitiva todos os aspectos da realidade.

Diferencia Ontolóxica

Platón establece dous planos da realidade: a) Mundo sensible: mundo físico; b) Mundo intelixible: mundo das ideas. O filósofo pensou que a verdade non pode residir no mundo sensible, posto que o sensible é continuamente cambiante. Platón afirmou que a verdade debe residir no intelixible, onde se atopan as ideas: as formas e modelos de todo o real.

Metafísica Estática e Dinámica

Os partidarios da metafísica estática defenden que a realidade é o fondo inmutable, é dicir, os cambios son só aparentes porque a verdadeira realidade é eterna e inalterable. Os partidarios da metafísica dinámica defenden que o cambio forma parte esencial da realidade, é dicir, todo canto existe modifícase co tempo, cambia e desaparece.

Dinámica Aristóteles

Aristóteles comeza a explicar a diferenza entre ser en potencia e ser en acto. Un ser en potencia é algo que pode chegar a ser pero que todavía non é; en cambio, un ser en acto é algo que xa foi desenvolvido ata a súa plenitude. Para Aristóteles, todo o que existe contén en si mesmo os principios de cambio, co cal a realidade “permanece” desenvolvendo ao máximo todas as posibilidades.

Dinámica Hegel

Hegel creía que a realidade e a historia evolucionan mediante o enfrontamento de elementos contrapostos. Para el, todo o que existe dáse principalmente dunha maneira determinada chamada tesis, a cal se enfronta a unha oposición que di que todo o que existe terá o seu oposto, antítesis. Da contraoposición da tese e antítesis créase unha nova situación que inclúe elementos de ambas, sintese.

Concepción do Tempo

Hegel estableceu a relación entre o tempo e a cuantificación do cambio ou movemento; e definiu o tempo como “a medida do movemento segundo o antes e o despois”. Segundo este planteamento, para que haxa tempo debe haber cambio, só así entenderemos a sucesión temporal, é dicir, o paso do antes ao agora.

Diferencia entre Tempo e Duración

O tempo transcorre de maneira homoxénea e constante, e é divisible en intervalos, é dicir, o tempo é o obxecto do estudo da física. Mentres que a duración é a experiencia do tempo arraigada na nosa conciencia. A duración é un “tempo interior” continuo, indivisible e heteroxéneo, formado por instantes irrepetibles.

Tempo e Sentido da Existencia

Heidegger defende que o sentido da vida humana é tempo e conciencia da morte. Mentres que os animais viven o presente, as persoas viven cara ao futuro, facendo plans e definindo a súa vida e identidade.

Determinismo

É unha das posturas na historia do pensamento: a liberdade é ilusoria. O determinismo afirma que todo canto facemos está prefixado e sucede dun modo inevitable. A sensación de liberdade provén da ignorancia, do descoñecemento dos factores que determinan a nosa conducta e modo de ser.

Diferencia entre Teísmo e Deísmo

O teísmo cren na existencia dun Deus creador e todopoderoso que intervén na historia da humanidade e que pode manter unha relación persoal coas persoas. Tamén cren que é posible coñecer a Deus tanto a través da fe como da razón. O deísmo cren na existencia de argumentos para explicar a existencia dun Deus, pero non lles parece que esos argumentos poidan confirmar as afirmacións acerca da divinidade; para eles, as únicas verdades que se poden coñecer con seguridade son as que non mostran a razón.

Panteísmo

O panteísmo é unha doutrina filosófica que identifica a Deus con todo canto existe. Os filósofos panteístas consideran que a totalidade do real ten carácter divino, e pode por tanto asimilarse á idea de Deus.

Argumentos Filosóficos para a Existencia de Deus

Para demostrar a existencia de Deus ofrecéronse dous argumentos:

  • Argumentos a priori: parten do concepto de Deus para tratar de probar que ten unha existencia real; son independentes da existencia.
  • Argumentos a posteriori: parten da observación do mundo, polo que se basan na experiencia. Hai dous tipos: cosmolóxicos e teleolóxicos.

Críticas á Creencia en Deus

Para os filósofos ateos, ningún dos argumentos que demostraban a existencia de Deus tiñan validez:

  • Argumentos a priori: son ilexítimos porque realizan un salto inxustificado dende o ámbito do pensamento ao da realidade. Pódense imaginar moitas cousas, pero non implica que existan.
  • Argumento a posteriori cosmolóxico: non está claro que a conexión causa-efecto poida aplicarse ao universo enteiro e plantear a existencia dun creador para explicar a existencia do mundo non resolve ningún enigma senón que engade outro problema.
  • Argumento a posteriori teleolóxico: a ciencia pode explicar a evolución dos seres sen recorrer a unha finalidade establecida por un supremo. Para Marx, a creencia en Deus foi empregada como unha poderosa ferramenta para manipular e someter á poboación.