Despotismo Ilustrado y sus Consecuencias en España

Despotismo Ilustrado: Foi unha forma de goberno que trataba de conciliar o absolutismo coas novas ideas da Ilustración, tentando para iso conxugar os intereses da monarquía absoluta co benestar dos gobernados. Desenvolveuse en Europa durante a segunda metade do século XVIII. A política era concibida en beneficio do país pero sen contar con el, segundo o axioma “todo para o pobo pero sen o pobo”. O máximo representante en España foi Carlos III (1759-1788).

Motín de Esquilache: Revolta popular acontecida en 1766 en Madrid polo decreto de Esquilache, ministro de Carlos III (1759-1788), que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha. A súa carestía do pan, a orixe está no descontento social pola oposición dos privilexiados ás reformas do rei e Esquilache e a xenofobia ante a abundancia de ministros italianos. A revolta popular durou tres días e reproduciuse noutras moitas poboacións e cidades do reino. Como consecuencia, Esquilache foi cesado e deuse un xiro no programa reformista, emprendido agora por ministros españois.

Paz de Utrecht (1713): A paz de Utrecht (1713), xunto co tratado de Rastadt (1714), puxeron fin á guerra pola sucesión á Coroa de España. Co obxectivo de manter o equilibrio europeo, nos tratados se recoñecía a Felipe V de Borbón como rei de España a cambio dunha serie de concesións: separación definitiva das Coroas de España e Francia, cesión a Inglaterra de Gibraltar, Menorca (1783 tratado de Versalles), un navío de permiso e o asento de negros e cesións territoriais á Austria de Carlos de Habsburgo, que obtiña os Países Baixos, Nápoles, Milán e Sardeña.

Regalismo Borbónico: Foi unha doutrina política e xurídica aplicada polos Borbóns no século XVIII que afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban. Desenvolveuse no marco da potenciación do absolutismo real dos Borbóns. Entre outras medidas, impuxeron o dereito do rei de presentar e nomear candidatos para ocupar sedes eclesiásticas vacantes e o placet do padroado rexio (dereito do rei de retención das bulas e provisións da Santa Sede). Con Carlos III, esta política regalista trouxo como consecuencia a expulsión da Compañía de Xesús.


Catastro de Ensenada: Nome que reciben os traballos de información sobre a riqueza do país posta en marcha por un Real Decreto de Fernando VI de 1749, como paso previo a unha reforma fiscal. É un minucioso interrogatorio ou enquisa para coñecer as características demográficas, económicas e xeográficas da Cora de Castela (non se chegou a implantar).

Cantonalisimo: Insurrección político-social xurdida durante a I República entre 1873 e 1874. Os republicanos federais intransixentes ou cantonalistas defendían unha federación feita dende abaixo, mediante a proclamación inmediata da soberanía das unidades políticas inferiores, os Estados ou Cantóns, para construír dende eles, e por acordos libres entre iguais, a federación española.

Estatuto Real: Carta outorgada que se aproba en 1834 durante a rexencia de María Cristina de Borbón no reinado de Isabel II, na que se regula a convocatoria dunhas Cortes moi conservadoras e se precisaban os trazos dun réxime político extremadamente moderado onde a Coroa se reservaba unha ampla capacidade lexislativa, incluída a libre disolución das Cortes. Ampliación da participación política en beneficio das clases posuidoras, pero conservaba en exclusiva a soberanía e non recollía a separación de poderes nin dereitos dos cidadáns. Vixente ata a revolución de agosto de 1836, na que se volveu a poñer en vixencia a Constitución de 1812.

Manifiesto de Sandhurst (1 de decembro de 1874): Documento elaborado por Cánovas del Castillo e asinado por Alfonso de Borbón. Tiña como obxectivo ofrecer o proxecto restaurador dunha monarquía constitucional hereditaria que, xunto coas Cortes, acabarían cos excesos do Sexenio Democrático. Plantexa a defensa da orde social, a necesidade do respecto á relixión católica dun xeito compatible coa defensa do sistema liberal constitucional.

Regeneracionismo: Corrente intelectual, política e literaria presente a finais do século XIX e principios do XX, partía da análise dos problemas que padecía España para tratar de rexenerala e modernizala. Xurdiu a partir da crise de 1898. Critica ao sistema político da Restauración, o caciquismo e o deficiente desenvolvemento económico. As solucións: rexeneración da política, da economía e educación e a redución da pobreza.

Unión Liberal: Partido político fundado en 1858 polo xeneral O’Donnell que agrupaba á esquerda moderada, á dereita progresista e numerosos militares. Partidarios da monarquía constitucional de Isabel II, destacan as campañas de prestixio militar que desenvolveron no exterior e un programa político baseado no desenvolvemento de reformas económicas, aumento das liberdades, descentralización do poder e mellora das condicións de vida dos máis pobres.